Hijos de Rivera xa ten dúas novas parcelas na Coruña para expandir o seu negocio
Segundo o grupo, están emprazados ante a súa actual fábrica de cervexa e permitirán consolidar "a viabilidade futura" dos seus "plans de negocio na cidade da Coruña"
A Corporación Hijos de Rivera, matriz da firma cervexeira Estrella Galicia, anunciou este venres a adquisición de dúas novas parcelas no polígono da Grela, na Coruña, trámite que ultimou esa mesma xornada.
Nun comunicado, explicou que se trata das parcelas 59 e 6 C do asentamento empresarial. Ambos terreos eran propiedade da compañía Mueble Juvenil e suman 18.000 metros cadrados de chan.
Segundo o grupo, están emprazados ante a súa actual fábrica de cervexa e permitirán consolidar "a viabilidade futura" dos seus "plans de negocio na cidade da Coruña".
A contorna, engadiu a empresa, conta con "unha edificabilidade máxima permitida de 37.800 metros cadrados".
"Na actualidade, existe unha superficie construída de 17.150 metros cadrados que dispón dunha zona de nave industrial, ademais doutras de superfcie comercial, parking e oficinas", subliñou.