Falece un home en Carballo tras caer nunha fosa
Os servizos sanitarios non puideron facer nada pola vida do home
Un home perdeu a vida onte á tarde en Carballo despois de caer dentro dunha fosa de zurro. Sucedeu no lugar de Troián do Medio, na parroquia de Sofán, ao fío das 13:05 horas.
Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido. Indicaba no seu relato que o home atopábase a uns dous metros de profundidade no interior da fosa e engadía que, no momento dos feitos, o pozo estaba baleiro.
Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaron do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Carballo, a Protección Civil e á Policía Local.
Unha vez no lugar do suceso, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.