jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Rego quere demandar que Fomento cumpra o compromiso de mellorar a rotonda de Conxo

Rego quere demandar que Fomento cumpra o compromiso de mellorar a rotonda de Conxo
Rego quere demandar que Fomento cumpra o compromiso de mellorar a rotonda de Conxo

Pedirá a prolongación do carril de incorporación, no sentido da estrada de Noia para garantir a seguranza ante a actual perigosidade

O candidato do BNG ao Congreso por A Coruña, Néstor Rego anunciou que exixirá no Congreso que Fomento cumpra o compromiso compromiso de rematar adecuadamente a rotonda e o paso soterrado de Conxo para a humanización a superficie.

Ademais, pedirá a prolongación do carril de incorporación, no sentido da estrada de Noia para garantir a seguranza ante a actual perigosidade.

Ademais o candidato tamén visitou as instalacións do antigo aeroporto de Santiago cuxa vella terminal, dixo, podería ser utilizada para actividades de formación aeronáutica, hangares e talleres de reparación xerando un importante número de postos de traballo e actividade económica para Santiago. 

Rego explicou que estes novos usos da vella terminal serían moi produtivos tendo en conta que noutros aeroportos da península hai falta de espazo e demanda para este tipo reparacións. Por outra banda, alertou do deterioro das instalacións polo que se comprometeu a levar ao congreso propostas para a súa posta en marcha.

Comentarios
Lo más