Xornada de transición atmosférica na cidade
08:00 27/04/19
08:00 27/04/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8º e a máxima os 17ºC
O sábado Galicia quedará nunha área de transición coa entrada dunha fronte que rozará o norte pola mañá e con influencia das altas presións pola tarde.
Así, comezaremos a xornada cos ceos cubertos e con algún orballo a primeiras horas.
Co avance do día as nubes irán desaparecendo para quedar cunha tarde de ceos alternando nubes e claros.
As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas experimentarán un moderado ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8º e a máxima os 17ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente norte.