miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Hostelería Compostela presentou a segunda degustación das Xornadas Gastronómicas da Festa do Banquete

Hostelería Compostela presentou a segunda degustación das Xornadas Gastronómicas da Festa do Banquete
Hostelería Compostela presentou a segunda degustación das Xornadas Gastronómicas da Festa do Banquete

Ademais a Asociación Hostalería Compostela organiza un xantar popular o domingo 5 na carballeira de Conxo

A Bodeguilla de Santa Marta acolleu onte á tarde a segunda degustación de cabra das tres que se van celebrar na nosa cidade ao abeiro da Festa do Banquete. A primeira foi o pasado 17 de abril na Nave 5 da Praza de Abastos e a última celebrarase o venres 3 de maio no mercado La Galiciana.

Estas degustacións sirven de presentación das Xornadas Gatronómicas que organiza a Asociación Hostelería Compostela, en colaboración co Concello de Santiago, ao abeiro da Festa do Banquete.

A listaxe de restaurantes participantes son a Pulpería Fuentes, Paz Nogueira, Los Caracoles, O Muiñeiro, A Nave de Vidán, Don Quijote, Pazo de Altamira, Sexto II, María Castaña, Mesón de Lázaro, San Jaime, Pampín, Caney, Amoado, A Ostrería e Frebas. Estes restaurantes, que se atopan por todo Santiago, prepararán pratos ou tapas especiais con cabra os días 2, 3, 4 e 5 de maio. O obxectivo desta acción, que se leva a cabo por segundo ano, é poñer en valor este produto, que se degustou aquel 2 de marzo de 1856 e forma parte da gastronomía dos barrios do sur de Compostela.

Ademais a Asociación Hostalería Compostela organiza un xantar popular o domingo 5 na carballeira de Conxo. En total, espéranse repartir máis de 800 degustacións de diferentes elaboracións de cabra como producto tradicional e diferenciado non só de Conxo senón de diferentes barrios da cidade. Os tickets poderanse recoller no Centro Cívico de Conxo a partir do 29 de abril. Neste xantar, tamén se servirán outras elaboracións como polbo, churrasco, empanadas, polo... Tamén estarán dispoñibles diferentes tipos de bebidas.

Por outro lado, a sede da Asociación está estes días acollendo a segunda edición do curso de ‘Elaboración de receitas de cabra’, impartido polo profesor David Rodríguez Cebeiro e que rematará o próximo martes, 30 de abril.

Comentarios
Lo más