miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arde un garaxe dunha casa cun turismo e unha motocicleta no seu interior en Pontevedra

Arde un garaxe dunha casa cun turismo e unha motocicleta no seu interior en Pontevedra
Foto de arquivo
Arde un garaxe dunha casa cun turismo e unha motocicleta no seu interior en Pontevedra

Ao fío das 09:25 horas, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para dar conta dun lume no garaxe da súa vivenda

Un incendio nun garaxe dunha vivenda particular, situado no concello pontevedrés de Pontedeva, mobilizou esta mañá aos servizos de emerxencia.

Ao fío das 09:25 horas, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para dar conta dun lume no garaxe da súa vivenda. Ademais indicaba no seu relato, que no interior do recinto non había ningunha persoa.

Axiña, os profesionais do 112 Galicia informaban do sucedido aos Bombeiros de Terras de Celanova e aos axentes da Garda Civil. Ademais, solicitouse a colaboración dos membros de Protección Civil de Cortegada e da localidade.

Unha vez extinguido, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que ardera, completamente, o garaxe situado na planta baixa da vivenda. Tamén, indicaba que no interior arderan dous vehículos, un coche e unha motocicleta, ademais de varios obxectos.

Comentarios
Lo más