miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Controlado un incendio no que ardeu por completo unha vivenda no Barco de Valdeorras e outras dous mais foron afectadas

Controlado un incendio no que ardeu por completo unha vivenda no Barco de Valdeorras e outras dous mais foron afectadas
Foto de arquivo
Controlado un incendio no que ardeu por completo unha vivenda no Barco de Valdeorras e outras dous mais foron afectadas

Por fortuna, ninguén resultou ferido, pese a que unha das vivendas estaba ocupada no momento de producirse o incendio

Unha vivenda en Valdeorras resultou completamente calcinada e outras dous se viron afectadas a causa dun incendio que comezou nunha das vivendas afectadas. Por fortuna, ninguén resultou ferido, pese a que unha das vivendas estaba ocupada no momento de producirse o incendio.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás cinco desta madrugada a través da chamada de alerta dun veciño para pedir axuda para a extinción dun incendio que empezou no tellado dunha das casas situada a altura don número vinte e seis da Rúa Termiñao da parroquia da Pobra. Así, desde o 112, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Valdeorras que traballan nestes intres para a completa extinción do lume.

Ademais solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de Folgoso do Courel e Protección Civil de Petín e da localidade.

Comentarios
Lo más