Bugallo quere construir un novo ascensor no barrio da Almáciga
O candidato á alcaldía tamén se comprometeu, coa veciñanza de Meixonfrío, a acondicionar un dun espazo de doce mil metros cadrados de titularidade municipal, para destinalo, entre outros usos, a espazo deportivo
O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, comprometeuse coa AVV Francisco Asorey a renovar a rúa Betanzos, construír un parque infantil na zona, e instalar un ascensor no barrio antes do 2020. Son varias das peticións realizadas polos veciños, cos que se reuniu esta tarde, acompañado de Mercedes Rosón, Mila Castro e Gonzalo Muíños, membros da súa candidatura.
Outro problema prantexado pola AVV Francisco Asorey é a falla de transporte público. Non hai unha liña de autobuses que suba ata a Almáciga. O candidato á alcaldía sinalou a necesidade de revisar o plan de transporte e sacar a concurso o servizo co obxectivo de renovar a flota e reestruturar as liñas. Un novo prego de condicións que, segundo Bugallo “responda as demandas e necesidades e que sexa economicamente viable”. Estaría en funcionamento no 2021 Mentres tanto, o candidato comprometeuse a por un autobús como solución provisional.
Outras peticións que vai revisar: “anclar” os contedores do lixo arranxar o parque, máis iniciativas culturais e programas sociais para o centro sociocultural da Almáciga.
A continuación, a candidatura de Sánchez Bugallo, á que se uniu a número 6 da lista, Marta Abal, mantivo un encontro coa veciñanza de Meixonfrío e Salgueiriños no Centro Socio Cultural Casa Agraria. Atendeu as súas demandas. Entre elas o acondicionamento dun espazo de doce mil metros cadrados de titularidade municipal, para destinalo a espazo deportivo e “tamén para as festas do barrio”. Tamén reclamaron un parque infantil e continuar coas obras de beirarrúas na zona.
Antes, Bugallo visitou o CEIP Apóstolo Santiago. Alí, coa ANPA, e cos membros da candidatura, entre eles Noa Díaz, comprometeuse a adaptar o centro ao alumnado con diversidade funcional; mellorar a conexión interior do edificio cos espazos ocupados pola antiga Escola Municipal de Música; e previr os riscos derivados da “inquietante” presenza de radon en diferentes ámbitos das instalacións escolares.
Entre as necesidades expostas pola comunidade educativa: reestruturar os espazos destinados a biblioteca, xa que o actual é moi reducido; abrir unha conexión no primeiro piso do edificio para unir o centro escolar coa antiga Escola Municipal de Música; e ampliar os espazos das cabinas de ensaio que utilizaban os estudantes de música, para que poidan funcionar como aulas. Sánchez Bugallo tamén se comprometeu a estudar e dar unha solución aos problemas de accesibilidade e seguridade no acceso ao propio centro educativo, conectado directamente coa vía pública; e a realizar outra serie de actuacións orientadas a renovar e reordenar a zona deportiva.
Estes encontros forman parte da visita aos barrios que o candidato á alcaldía está realizando cada semana. O obxectivo: coñecer de preto os problemas e necesidades dos veciños para buscarlles a mellor solución posible.