miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As Casillas xa conta con nova senda peonil

As Casillas xa conta con nova senda peonil
As Casillas xa conta con nova senda peonil

O orzamento desta obra ascendeu a algo máis de 189.000 € sufragado integramente co remanente municipal do ano 2017

A senda peonil das Casillas, situada entre os puntos quilométricos 37+350 e 38+560 nas inmediacións do casco urbano de Ordes na N-550, xa está rematada. 

Cun orzamento de 189.322,89 euros construíuse esta nova infraestrutura peonil que conta cun ancho mínimo de dous metros de formigón coloreada elevada con bordo. Como ben se pode observar esta discorre paralela á estrada, na zona onde se atopaba ata hai pouco a cuneta, mantendo a beirarrúa existente.

A obra, sufragada integramente co remanente municipal do ano 2017, posibilita dar continuidade e conectividade peonil ás beirarrúas xa existentes no paseo Iván Raña. 

Unha medida que o Concello de Ordes agarda se traduza nunha diminución do tráfico rodado diario que actualmente existe entre os dous núcleos, ademais da mellora na seguridade que suporá para a veciñanza neste tramo viario.

Comentarios
Lo más