jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para o programa Xuño Lúdico

Aberto o prazo de inscrición para o programa Xuño Lúdico
Foto de arquivo
Aberto o prazo de inscrición para o programa Xuño Lúdico

Este programa ofrece un amplo abano de actividades educativas e culturais pensadas para os cativos de aquelas familias que precisen conciliar a súa vida familiar e laboral unha vez rematado o curso escolar

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Xuño Lúdico. As inscricións poderán tramitarse ata o 6 de maio. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 25, 26, 27 e 28 de xuño, en horario de 7:30h a 16:00 horas. 

Este programa ofrece un amplo abano de actividades educativas e culturais pensadas para os cativos de aquelas familias que precisen conciliar a súa vida familiar e laboral unha vez rematado o curso escolar. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases, o impreso de inscrición e as tarifas do Xuño Lúdico.

O Concello de Ames pon en marcha, un ano máis, o programa Xuño Lúdico, co obxectivo de facilitar a conciliación ás familias empadroadas no concello. A través deste servizo, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, ofértanse unha serie de actividades lúdicas e culturais, orientadas non só a entreter ás máis cativas e cativos durante os primeiros días de vacacións, senón tamén a potenciar a súa formación educativa e emocional e a promover a súa autonomía persoal.

Este programa de conciliación únese así aos xa ofertados de xeito regular ao longo do ano, como son o Nadal Lúdico, o Entroido Lúdico, a Primavera Lúdica ou Setembro Lúdico, que se suman a outras iniciativas de conciliación como a Escola de Verán.

Para inscribirse neste servizo, as familias deberán acreditar a súa necesidade de conciliación e estar ao día no pagamento dos servizos municipais ofertados. A entrega da documentación farase no rexistro municipal na Casa do Concello, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ou nas oficinas municipais do Milladoiro, entre as 09:00h e as 14:00 horas. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 6 de maio.

Comentarios
Lo más