A Cámara de Comercio convoca unha xornada de traballo sobre as axudas ás fontes de enerxía renovables
As empresas poderán acceder a apoios de ata 300.000 euros para a instalación de equipos térmicos, autoconsumo e proxectos de aforro enerxético
O próximo 30 de abril a partir das 9:45 horas, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, realizará unha xornada de traballo na que se informará pormenorizadamente acerca das distintas líñas de axuda do INEGA ás fontes de enerxía renovables. A Cámara orienta este acto aos seus socios, empresas, autónomos e interesados en xeral.
A xornada será impartida polo Xefe da Área de Enerxías Renovables do INEGA, Joaquín López Pérez, que aclarará as distintas dúbidas que se poden chegar a plantexar, como quen son os beneficiarios, as tipoloxías de enerxías renovables subvencionadas, os criterios técnicos de valoración dos proxectos e a documentación necesaria para realizar a solicitude.
O INEGA abriu ata o próximo 31 de maio o prazo de presentación de solicitudes do programa para impulsar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética co que se prevé movilizar 6 millones de euros entre inversións públicas e privadas.
Esta iniciativa, cun orzamento de 1,72 millóns de euros, prevé un aforro global de preto de 600.000€ ao ano, evitándose a emisión de 2.150 toneladas de CO2 anuais.
Nesta convocatoria, con subvencións de ata 300.000 euros por empresa, contemplase unha maior intensidade nos apoios ás pequenas empresas, que poderan obter ata o 55% da inversión subvencionable.