Substitúen as reixas oxidadas metálicas da pista do Touro por outras de pedra
06:30 29/04/19
06:30 29/04/19
A proximidade do mar fixo aconsellable este cambio nos materiais para facer a estrutura máis resistente á proximidade da costa
O Concello de Ribeira vén de contratar unha nova actuación consistente no subministro e instalación dunhas reixas de pedra na pista deportiva do Touro que substitúen ás antigas reixas metálicas, xa moi deterioradas e oxidadas.
A proximidade do mar fixo aconsellable este cambio nos materiais para facer a estrutura máis resistente á proximidade da costa, ademais de harmonizar co peche da pista, tamén de pedra.
A empresa encargada dos traballos, que xa deron comezo coa instalación das reixas inferiores, foi Sonense de Granitos, S.L.. Supón un investimento de 10.074 euros, IVE incluído.