miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ángel Luis Quintana formará no violoncello a músicos noveis da cidade

Ángel Luis Quintana formará no violoncello a músicos noveis da cidade
Ángel Luis Quintana formará no violoncello a músicos noveis da cidade

Ángel Luis Quintana naceu en Las Palmas de Gran Canaria, onde comezou os seus estudos musicais. Continuou a súa formación en Madrid, na Escuela Superior de Música Reina Sofí

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. 

Esta semana, o violoncellista canario Ángel Luis Quintana formará neste instrumento tanto aos estudantes da Escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación con este instrumento. As clases celebraranse o venres 3 de maio, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. .

PROFESOR NO CONSERVATORIO DE RÓTTERDAM

Ángel Luis Quintana naceu en Las Palmas de Gran Canaria, onde comezou os seus estudos musicais. Continuou a súa formación en Madrid, na Escuela Superior de Música Reina Sofía. Formouse con mestres do talle do músico ruso Mstislav Rostropóvich, considerado o mellor violoncellista da súa xeración.

Conta con numerosos galardóns para o seu instrumento. Foi solista da Orquesta de RTVE e da Orquesta de Cámara Reina Sofía, profesor do Conservatorio de Guadalajara e profesor asistente na Escuela Reina Sofía. Na actualidade é solista da Orquesta Nacional de España, profesor do Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona e profesor convidado do Conservatorio de Rótterdam. Dende 2013 é profesor do Curso Universitario Internacional de Música Española "Música en Compostela".

Participa con regularidade nos máis prestixiosos ciclos de música de cámara e colabora como solista con algunhas das orquestras e agrupacións máis relevantes. Toca un violoncello J. Guadagnini "Il Soldato" do ano 1800, cedido pola Fundación Columbus. 

Comentarios
Lo más