miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Solicitan a diagnose dos muros de contención do barrio de Fontiñas

Solicitan a diagnose dos muros de contención do barrio de Fontiñas
Foto de arquivo
Solicitan a diagnose dos muros de contención do barrio de Fontiñas

Ao candidato do Partido Popular explicáronlle que, a pesar de ser un dos barrios máis grandes de Santiago, soportan unha importante carencia de servizos

O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía, Agustín Hernández, acompañado por membros da súa candidatura, mantivo unha reunión cos veciños do barrio santiagués de Fontiñas, onde puido recoller as súas reclamacións, que se centraron en denunciar “o inmobilismo do actual Goberno local” para solucionar as carencias desta zona de Santiago.

Durante a xuntanza, explicáronlle a Hernández que, a pesar de ser un dos barrios máis grandes de Santiago, soportan unha importante carencia de servizos. O Popular destacou que os veciños “non están a solicitar cousas imposibles, senón peticións razoables”.

O Popular lembrou que a maioría das solicitudes dos veciños foron presentadas polo seu partido no Pleno e acadaron o acordo do conxunto da Corporación, pero o equipo de Goberno mantivo a súa política de “desprezar os acordos acadados no máximo órgano do Concello”.

Os asistentes indicaron que as súas esixencias son de "xustiza, necesarias e imprescindibles”. Concretamente, solicitan a diagnose integral do conxunto de muros de contención, co fin de garantir a súa seguridade, que foi acordada por unanimidade en xuño de 2017. Esta situación precisa unha urxente actuación, posto que supón un grave problema de seguridade.

Así mesmo, os veciños reclaman a retirada de cadros eléctricos en desuso, a creación dunha área libre de estacionamento de bicicletas substituíndo a vella estrutura de préstamo existente no frontal de Área Central, a reformulación do acceso e do aparcamento nos arredores do pavillón polideportivo, a renovación da rúa Atenas e un plan de inspección, conservación e mantemento de beirarrúas.

O dirixente Popular tamén mantivo unha reunión coa xerente de Área Central, Sara Castedo, quen lle falou das necesidades do centro comercial para poder seguir progresando.

Entre as súas demandas sinalou que é imprescindible axilizar a burocracia nos trámites administrativos do Concello, xa que a súa lentitude dificulta enormemente a obtención de licenzas para abrir novos negocios. 

Comentarios
Lo más