miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rego quere defender que as pensión poidan incrementarse ata equiparalas ao salario mínimo

Rego quere defender que as pensión poidan incrementarse ata equiparalas ao salario mínimo
Rego quere defender que as pensión poidan incrementarse ata equiparalas ao salario mínimo

Avoga por recuperar os dereitos perdidos baixo a escusa da crise económica e avanzar en novos dereitos que melloren a calidade de vida das persoas

O candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego mantivo un encontro en Compostela cun nutrido grupo de persoas pensionistas ao fin de abordar as demandas deste colectivo ao que trasladou o seu compromiso de defender no Congreso un incremento progresivo das pensións, até equiparalas ao salario mínimo interprofesional actual.

Rego avogou por recuperar os dereitos “perdidos e roubados”, baixo a escusa da crise económica e a necesidade de avanzar en novos dereitos que melloren a calidade de vida das persoas. O candidato afirmou que o BNG reclamará no Congreso a “derrogación da contrarreforma laboral”, establecer outras condicións para a negociación colectiva e incrementar as pensións. Neste sentido, explicou, ás persoas asistentes ao encontro, que para asegurar novos dereitos é necesario “garantir un sistema público de pensións coa recuperación ordinaria da xubilación aos 65 anos e a parcial aos 61”.

Sobre a mellora das pensións avanzou que o BNG proporá no Congreso que as pensións no se vinculen exclusivamente ao factor de sustentabilidade senón que respondan ao IPC e “a par do salario mínimo interprofesional”, e dicir, que un e outro acaden o 60% do salario medio español situado na actualidade en 1.150€. Este debe ser o obxectivo, recalcou, Rego, “ subir o salario mínimo e as pensións” medidas que reducirían a “fenda de xénero” e a diferenza entre as pensión medias de Galicia e o estado.

Rego lembrou que as pensións en Galicia son as segundas máis baixas do estado e a pesar desa circunstancia, dixo, moitas familias só contan con eses ingresos para sobrevivir.

Tralo encontro con pensionistas, o candidato do BNG lembrou que os diferentes gobernos e forzas estatais non tiveron en conta a realidade galega das pensións polo que fixo un chamamento a votar o 28 de abril por unha forza que defenda no Congreso incrementar as pensións galegas, esa forza, aseverou, “é o BNG” e só votando ao BNG impediremos que Vox e Ciudadanos obteñan un deputado en Galicia.

Para o candidato, o voto ao BNG significa poñer freo a ultradereita e impedir que se sigan aplicando políticas lesivas como a referida ás pensións e ás reformas laborais do Partido popular e PSOE.

Comentarios
Lo más