Calcinada unha das caravanas dos feirantes da Pascua en Padrón
16:33 25/04/19
16:33 25/04/19
Sobre as 15:15 horas houbo un aviso de que había unha caravana ardendo
Unha das caravanas na que habitan os feirantes da Pascua de Padrón veuse envolta de chamas a primeira hora de esta tarde. Ao incendio acudiu a Policía Local, o Grupo de Emerxencias Supramunicipa e os Bomberos de Boiro.
Sobre as 15:15 horas houbo un aviso de que había unha caravana ardendo. Indicaron que a caravana estaba aparcada na pista do canal.
Por sorte, non hai lamentar daños persoais pero a caravana quedou completamente calcinada.
A estas horas, descoñécese a causa do incendio.