jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Curso de defensa persoal feminina en Ames este sábado 27 de abril

Curso de defensa persoal feminina en Ames este sábado 27 de abril
Curso de defensa persoal feminina en Ames este sábado 27 de abril

Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames organiza un curso de defensa persoal feminina que será impartido por persoal do Club Deportivo Karate Ames

A Concellaría de Deportes, en colaboración co Club Deportivo Karate Ames, organiza un curso de defensa persoal feminina. Esta actividade impartirase este sábado, 27 de abril, en horario de 11.00 a 13.00 horas, no ximnasio do pavillón municipal de Bertamiráns. O número de prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deben darse présa en inscribirse chamando ao número de teléfono 608 251 112. A inscrición neste curso é totalmente gratuíta.

Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames organiza un curso de defensa persoal feminina que será impartido por persoal do Club Deportivo Karate Ames. A través deste taller impartiranse unha breve parte teórica na que se darán unha serie de consellos para evitar posibles situacións de risco. Tamén se falará de cuestións legais, pero a parte máis extensa será a práctica. Deste xeito impartiranse unha serie de técnicas moi sinxelas para tratar de defenderse ante unha ameaza ou agresión.

O persoal do Club Deportivo Karate Ames aconsellará as participantes sobre como teñen que actuar se as agarran por diante, por detrás ou se teñen que enfrontarse a outras situacións. Tamén se incidirá no importante que é manter a calma nese momento, algo que é moi difícil pero que é determinante para poder executar a técnica que se lles ensinara de xeito correcto. Deste xeito, dende este club amesán achegan a súa colaboración para facer este curso de defensa, que está tendo moi boa resposta por parte da veciñanza e no que xa hai un gran número de inscricións.

Comentarios
Lo más