jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Ribeira subvenciona a contratación de seis alumnos do obradoiro Tahume V

Ribeira subvenciona a contratación de seis alumnos do obradoiro Tahume V
Ribeira subvenciona a contratación de seis alumnos do obradoiro Tahume V

A finalidade destes incentivos reside en facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nestes talleres duais de emprego

Tal e como aparece anunciado hoxe no Boletín Oficial da Provincia, o Concello de Ribeira vén de convocar a concesión de axudas a modo de incentivos para a contratación temporal por conta allea de alumado pertencente ao Obradoiro de Emprego Tahume V.

A finalidade destes incentivos reside en facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nestes talleres duais de emprego, que está cofinanciados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Carpintería e conservación de montes

A contratación temporal terá unha duración mínima de tres meses a xornada completa e as entidades beneficiaras dos incentivos á contratación poden ser persoas empregadoras ou empresas cuxa actividade estea directamente relacionada coas especialidades que se están impartindo: “Traballos de carpintería e moble” e “Actividades auxiliares en mellora e conservación de montes”.

As subvencións obxecto desta convocatoria ascenden a un total de 9.000 euros e o número máximo de contratos que se van subvencionar serán 6 (1.500€ por traballador).

Comentarios
Lo más