Ferido un condutor tras saír da vía na que circulaba en Arteixo
Unha vez liberado, o ferido foi evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias para ser atendido no centro hospitalario de referencia
Esta madrugada produciuse un accidente na AC-552, ao paso pola localidade coruñesa de Arteixo. Desde alí, un veciño chamou ao 112 Galicia para pedir axuda para o condutor dun coche que se saíu da vía e quedou envorcado na cuneta.
Precisamente, a posición na que quedou o vehículo impedía acceder ao ferido, polo que desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Arteixo co fin de excarcerar ao condutor e facilitar a atención por parte dos profesionais sanitarios.
Unha vez liberado, o ferido foi evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias para ser atendido no centro hospitalario de referencia das lesións provocadas polo impacto, concretamente na cabeza, con pequenas perdas do coñecemento.