miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xoán Bascuas propón unha actuación integral na rúa Diego Bernal

Xoán Bascuas propón unha actuación integral na rúa Diego Bernal
Foto de arquivo
Xoán Bascuas propón unha actuación integral na rúa Diego Bernal

Segundo Compromiso o acceso da AP9 á Cidade da Cultura, Sar, Fontiñas é Concheiros precisan dunha actuación urxente na rúa Diego Bernal

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, propón unha actuación urxente na rúa Diego Bernal, que na actualidade xa se atopa bastante deteriorada e con só dous carrís. Os días de partidos, concertos e grandes eventos non é capaz de dar saída ao tráfico, provocando atascos, tanto cara ao barrio de Sar como ao de Fontiñas e condicionando a entrada e saída o barrio de Viso.

Bascuas indica que “este problema agravouse co novo enlace da AP9”. A formación galeguista propón unha actuación integral en toda a rúa, nas súas rotondas, que se atopan nun estado de abandono, cheas de maleza que medra sen control e dificulta a visivilidade dos vehículos. De igual modo, Compromiso formula a construción dun aparcadoiro lineal aproveitando as marxes da mesma, respetando os espazos peonís que son usados habitualmente para facer deporte ou andar en bicicleta, así como a mellora da sinaléctica que indica a saída e entrada da cidade.

Comentarios
Lo más