miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Encontro de En Marea coa Confraría de pescadores de Rianxo

Encontro de En Marea coa Confraría de pescadores de Rianxo
Encontro de En Marea coa Confraría de pescadores de Rianxo

O principal problema que ven os traballadores do mar é a necesidade do saneamento integral da todas as rías

Ana Seijas, candidata de En Marea ao Congreso, Elena Cores membro da Coordinadora de En Marea e Juan Losada, reuníronse con representantes da Confraría de pescadores de Rianxo para tratar as problemáticas do sector.

O principal problema que ven os traballadores do mar é a necesidade do saneamento integral da todas as rías. Desde En Marea afirman que  apostan por un modelo artesanal de pesca, donde os nosos productos sexan recoñecidos pola súa calidade, polo que é fundamental que as nosas augas estén nas mellores condicións posibles. Ese saneamento integral ten que levarse a cabo coa máxima celeridade, o futuro do sector depende de iso.

Ademais, tratouse a problemática do aumento das cuotas da seguridade social, xa que deben pagar de media máis de 50€ ao mes, inasumible para moitos deles pola situación na que se atopa o sector. Calquer tipo de reforma debe ser consensuada cos traballadores e traballadoras do mar.

Comentarios
Lo más