Incendio nunha vivenda en Caldas de Reis
Os feitos ocorreron no lugar das Ribocias, na parroquia de San Clemente de César, ao redor das 17:45 horas
Un incendio deixou danos no anexo dunha vivenda, en Caldas de Reis, sen que se producisen danos persoais. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume calcinou a metade da estancia, duns dez metros cadrados, onde almacenábanse apeiros e leña.
Os feitos ocorreron no lugar das Ribocias, na parroquia de San Clemente de César, ao redor das 17:45 horas.
Foi unha persoa particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia. Na súa chamada relataba que ningunha persoa atopábase no interior da casa no momento do incendio.
Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros do Salnés, do GES de Valga, de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil.
Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencia sufocaron as lapas.
Descoñécense, polo momento, as causas do incendio.