jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A candidatura do PSOE estudará como se atopa o PERI de Cornres para proceder á súa reurbanización

A candidatura do PSOE estudará como se atopa o PERI de Cornres para proceder á súa reurbanización
A candidatura do PSOE estudará como se atopa o PERI de Cornres para proceder á súa reurbanización

Os representantes da agrupación veciñal trasladáronlle a súa preocupación polo estado en que se atopa o núcleo urbano de Cornes, co SUNP 1 sen reurbanizar despois de décadas, e cheo de maleza e lixo

O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, estudará como está o PERI de Cornes para proceder á súa reurbanización. Foi un dos compromisos adquiridos coa Asociación de Veciños “Estación Vella de Cornes”, coa que se reuniu onte, acompañado dos membros da súa candidatura Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños.

Os representantes da agrupación veciñal trasladáronlle a súa preocupación polo estado en que se atopa o núcleo urbano de Cornes, co SUNP 1 sen reurbanizar despois de décadas, e cheo de maleza e lixo. Aseguran que “os barrendeiros pasan cada dez días, os contedores subterráneos están inoperativos e os de superficie moi deteriorados; e que é preciso desbrozar a zona do lavadoiro, así como outros terreos de propiedade municipal”. Bugallo explicou que “hai parte das vivendas edificadas, e outra parte sen edificar”, pero, indicou, “é necesario desenvolver esa urbanización”

O seguinte encontro da candidatura de Sánchez Bugallo foi coa comunidade educativa. Ante ela asumiu o compromiso de revisar o mapa escolar do municipio. Estamos, dixo, “ante unha zona de expansión urbanística, como é Santa Marta, Conxo e O Castiñeiriño, na que cada curso se incrementa o alumnado”. Por iso, o candidato á alcaldía, ve necesario construír un novo centro de educación primaria que absorba as novas demandas de prazas escolares destes tres barrios. Despois desprazáronse ata o Centro Sociocultural de Santa Marta. Un centro, que segundo Bugallo, “está infrautilizado” e imos, engadiu “mirar que se pode facer para melloralo e rendibilizalo ao máximo”.

Comentarios
Lo más