Os veciños de San Lázaro denuncian o deplorable estado das infraestruturas do barrio e a súa contorna
Hernández destacou que o seu equipo está traballar para que nas medidas que ten recollidas no seu contrato capital queden reflectidas todas as carencias que veñen denunciando os veciños
O presidente e candidato á alcaldía do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, continúa coa súa rolda de contactos cos veciños de Santiago que leva facendo desde hai meses. Nesta oportunidade, Hernández mantivo unha xuntanza con veciños do barrio de San Lázaro e da súa contorna, que lle fixeron chegar as súas queixas polo “deplorable estado das infraestruturas desta zona de Santiago, porta de entra do Camiño Francés”.
Hernández destacou que o seu equipo está traballar para que nas medidas que ten recollidas no seu contrato capital queden reflectidas todas as carencias que veñen denunciando os veciños.
Durante a xuntanza, na que o dirixente Popular, que estivo acompañado de membros das súa candidatura, tamén se comprometeu a facer unha revisión do desenvolvemento urbanístico de esta área, co fin de evitar problemas futuros nese eido.
Os asistentes explicaron que levan soportando esta situación desde hai anos, cun barrio no que as beirarrúas están deterioradas, polo que provocan numerosas caídas, tanto as xentes que alí viven, como aos peregrinos que atravesan esta zona, ou mesmo que se atopan invadidas pola maleza.
Así mesmo, denunciaron o pésimo servizo de recollida de lixo, algo que se ve incrementado polo mal ou nulo funcionamento dalgúns contedores, concretamente na rúa S.D.Compostela; e o mal estado dos autobuses que lles dan servizo. En relación ao transporte público, tamén indicaron que existen distintas marquesiñas que necesitarían unha mellora e, ademais, unha reubicación, posto que con algunhas obras que se fixeron, estas instalacións quedaron situadas en lugares que non prestan o servizo ao que están destinadas.
O voceiro Popular comprometeuse a frear o deterioro do barrio e de atopar solución para mellorar a seguridade viaria, algo moi demandado polos veciños, que denunciaron que sería necesario colocar lombos adecuados, co fin de eliminar a alta velocidade coa que pasan moitos vehículos.
Outras das cuestións que necesitan atención é a falta de limpeza dos sumidoiros e a mellora do alcantarillado, posto que en momentos de chuvias fortes soe romper causando numerosos problemas nas rúas e vivendas da zona.
Finalmente, Agustín Hernández comprobou que unha das queixas que reiteran os santiagueses é a lentitude á hora de levar a cabo calquera trámite burocrático, chegando a dicir que, a maioría das veces, tárdase máis en conseguir unha licenza que facer a obra. Os veciños remarcaron que son moitos os pasos que se teñen que dar para acadar unha simple autorización.