Unha muller ferida ao saírse da vía en Cabanas
O sinistro tivo lugar na vía N-641, na rotonda de Cabanas, arredor das 15:30 horas
Unha muller resultou ferida en Cabanas ao saírse da vía o coche no que circulaba, que rematou envorcado tras bater contra a mediana da estrada. O sinistro tivo lugar na vía N-641, na rotonda de Cabanas, arredor das 15:30 horas.
Foi unha persoa particular quen alertou do accidente ao 112 Galicia. No seu relato indicaba que unha muller atopábase atrapada no interior do turismo envorcado.
A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Eume e do GES de Mugardos.
Unha vez no lugar do sinistro os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que a vítima estaba fóra do turismo, polo que descartaron empregar o material de excarceración.
Finalmente, a muller foi trasladada nunha ambulancia a un centro médico.