miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Evacuado por inhalación de fume un bebé tras un incendio nun piso en Ames

Evacuado por inhalación de fume un bebé tras un incendio nun piso en Ames
Foto de arquivo
Evacuado por inhalación de fume un bebé tras un incendio nun piso en Ames

Os feitos ocorreron ao fío das 13:30 horas, no número 4 da rúa do Xeixo

Un incendio declarado esta tarde nun piso dun edificio de cinco andares en Ames afectou a un neno pequeno, que tivo que ser traslado a un centro médico con síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume propagouse pola cociña da casa e calcinou unha cafeteira, a vitrocerámica e a campá extractora.

Os feitos ocorreron ao fío das 13:30 horas, no número 4 da rúa do Xeixo e foi a veciñanza do edificio quen alertou ao 112 Galicia.

Acto seguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Brión e dos Bombeiros de Boiro. Ademais, dende o 112 Galicia informouse dos feitos aos Bombeiros de Santiago, á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más