jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Bugallo quere reclamar a construcción dun novo centro de saúde en Conxo

Bugallo quere reclamar a construcción dun novo centro de saúde en Conxo
Bugallo quere reclamar a construcción dun novo centro de saúde en Conxo

O candidato á alcaldía de Santiago, acompañado de varios membros da súa lista, achegarase hoxe ata Conxo, Santa Marta e Volta do Castro

O candidato á alcaldía de Santiago continúa percorrendo os distintos barrios de Santiago e falando coa veciñanza para vivir de cerca os seus problemas e recoller as súas demandas. Este martes, 23 de abril, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de varios membros da súa candidatura, achégase ata Conxo, Santa Marta e Volta do Castro. 

Asegura que “son zonas que están vivindo desde hai anos un proceso de renovación e transformación moi importante”, pero, indica, “tamén con grandes desaxustes e con algunhas carencias”. Carencias que, subliña Bugallo, defenderá a súa candidatura. Como “o compromiso coa Xunta de construir o novo centro de saúde en Conxo”. Un compromiso engade, “para o que no seu día foron cedidos os terreos, pero que hoxe está sen materializar”.

Outra necesidade, que á candidatura de Bugallo lle parece fundamental, e a construción dunha escola infantil para o barrio de Santa Marta. Argumenta que o enorme incremento do número de nenos e de poboación nesa zona faina necesaria. Tampouco esquece Sánchez Bugallo outras cuestións, como “as relativas a mantemento, inserción no conxunto do tecido urbano e organización destes barrios”, citando, expresamente, “a necesidade de acondicionar tanto o túnel como a rotonda de Conxo”.

Moitos dos problemas da veciñanza, como falla de mantemento das vías e das beirarrúas, son comúns a outros barrios. Outros, como o novo centro de saúde, a escola infantil, o acondicionamento do túnel e da rotonda de Conxo, ou a remodelación da Praza Aurelio Aguirre, son específicos de cada zona. Coñecer as demandas dos veciños, estudalas e darlle unha solución efectiva e eficaz, é unha das prioridades da candidatura de Sánchez Bugallo.

A axenda do candidato á alcaldía comeza ás dez da mañá, na Casa das Asociacións, cunha xuntanza coa entidade veciñal Estación vella de Cornes”. Despois, varios encontros privados coa comunidade educativa, para continuar, ás doce e cuarto do mediodía, cunha visita ao Centro Sociocultural de Santa Marta.

Xa pola tarde, Sánchez Bugallo, xunto a varios membros da súa candidatura, manterá un encontro coa S.D. Conxo. Será ás seis e media, no campo de fútbol. Ás sete e cuarto, visita ao Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, e xuntanza coa asociación veciñal “Conxo Aberto”. A xornada remata cunha reunión coa AVV de Santa Marta, no centro sociocultural do barrio.

Comentarios
Lo más