jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Bascuas recolle as demandas e inquedanzas da Asociación Veciñal Monte do Gozo

Bascuas recolle as demandas e inquedanzas da Asociación Veciñal Monte do Gozo
Bascuas recolle as demandas e inquedanzas da Asociación Veciñal Monte do Gozo

Dende Compromiso ven como o Concello volve olvidarse das parroquias do rural e que a falta de investimento e mantemento fai que a longo prazo a inversión teña que ser maior

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e representantes da Asociación Veciñal Monte do Gozo que, debido a que a parroquia de San Lázaro é unha das entradas do Camiño de Santiago, precisa de acondicionamento en infraestruturas. 

Este tipo de traballos debería ser tanto para a veciñanza como para os peregrinos, tendo un especial coidado cos pasos de peóns en distintas rúas da parroquia, os puntos de luz en varias zonas do barrio, a mellora de asfaltado en toda a parroquia, así como beirarrúas, limpeza de cunetas. 

Outros puntos que sinalan dende a Asociación é a necesidade de limpeza e mantemento nos tres parques infantís que ten a parroquia e que se atopan en estado de abandono; o acondicionamento e arranxo das escaleiras do Camiño Francés a Rúa Valiño e as do parque infantil da Cersia. 

Outra das demandas e a necesidade de instalar baños e aseo para uso de autocaravanas nas festas do Apóstolo e Ascension xa que e o lugar que o concello habilita para que os feirantes poidan estacionar durante os días da festa e carecen deste servizo.


Dende Compromiso ven como o Concello volve olvidarse das parroquias do rural e que a falta de investimento e mantemento fai que a longo prazo a inversión teña que ser maior para poder dotar de servizos a veciñanza.


Comentarios
Lo más