jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O profesor César Raña homenaxeado neste días no congreso internacional da SOFIME

O profesor César Raña homenaxeado neste días no congreso internacional da SOFIME
Foto: Google Maps
O profesor César Raña homenaxeado neste días no congreso internacional da SOFIME

A sesión do martes incluirá diversos relatorios de especialistas de universidades de Madrid, Pamplona, Barcelona e Mallorca así como de Portugal, Colombia ou México

A Sociedade de Filosofía Medieval (SOFIME) desenvolveu este luns 22 e hoxe martes na USC o seu congreso internacional anual que, co lema ‘De amicitia. Amizade na filosofía medieval e inicios da modernidade’, nesta ocasión serve tamén de homenaxe ao profesor da USC finado o pasado ano César Raña Dafonte.

Na inauguración do encontro, este luns ás 15:30 horas do salón de actos da Facultade de Filosofía, participaron o decano do centro, Marcelino Agís Villaverde; o presidente de SOFIME, José Francisco Meirinhos; o director do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC, José Luis Falguera López; e o presidente do comité organizador, Martín González Fernandez.

Os relatorios comezaron coa lectura por parte de Rocío Carolo do texto ‘Filosofía e amizade no Medievo’ da autoría de César Raña. Seguidamente interviron José Luis Fuertes Herreros, da Universidade de Salamanca, con ‘La filosofía del Renacimiento y el sujeto moderno’ e Rafael Ramón Guerrero (Complutense de Madrid) e Ángel Poncela-Gonzalez (Univ. Salamanca) con ‘Miskawayh: Sobre la amistad’ e ‘Humanismo y ética en el islam. La cuestión de los universales antropo-éticos’, respectivamente. A xornada rematou coa asemblea xeral da Sociedade.

A sesión do martes incluirá diversos relatorios de especialistas de universidades de Madrid, Pamplona, Barcelona e Mallorca así como de Portugal, Colombia ou México.

Comentarios
Lo más