miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O II Ciclo Cinema e Educación do Ateneo de Santiago proxecta a película "O pequeno salvaxe"

O II Ciclo Cinema e Educación do Ateneo de Santiago proxecta a película "O pequeno salvaxe"
O II Ciclo Cinema e Educación do Ateneo de Santiago proxecta a película "O pequeno salvaxe"

A sesión, de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala, comezará ás 19.00 horas na Rúa do Vilar, 19

Hoxe martes o Ateneo de Santiago, coa colaboración de Afundación, continuará co II Ciclo Cinema e Educación, inaugurado a inicios deste mes de abril.

Nesta ocasión, a película a analizar será a francesa L’enfant sauvage (O pequeno salvaxe), dirixida por François Truffaut nos anos 70, que será presentada pola Profesora de Lingüística Xeral da USC Ana Isabel Codesido, quen tamén dirixirá o posterior Faladoiro, onde se poñerá en relación cos filmes proxectados nas pasadas sesións así como coa temática xeral do ciclo como é a realidade educativa na Europa de diferentes épocas.

A sesión, de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala, comezará ás 19.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, e será emitida en versión orixinal subtitulada en español.

O pequeno salvaxe, non recomendada para menores de 12 anos, está baseada no feito real dun neno salvaxe capturado nos montes franceses e recluído nun instituto de investigación, onde non podía encaixar ben xa que non sabía falar nin coñecía norma social algunha. Por este motivo, o Dr. Jean Itard lévao para a súa casa, onde se fará responsable de crialo.

Comentarios
Lo más