Agustín Hernández quere converter a Santiago na "Cidade dos Museos"
Subliñou que a capital de Galicia non pode seguir defuminada nunha das materias que é polo de atración para os turistas e que, ademais, mellora a calidade de vida dos seus veciños
O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, anunciou onte en rolda de prensa que a cidade de Santiago ten que subirse ao tren das capitais que fan da súa oferta cultural un dos eixes da súa promoción. Hernández subliñou que esta cidade non pode seguir defuminada nunha das materias que é polo de atracción para os turistas e que, ademais, mellora a calidade de vida dos seus veciños.
Agustín Hernández remarcou que Santiago é xa un museo en se mesma, en calquera lugar do mundo, “a nosa cidade é un destino coñecido e admirado, que conta ademais cun complexo único como é a Cidade da Cultura, unha infraestrutura que servirá para dar un salto importante, se fósemos capaces de poñela en valor e tamén os 15 museos cos que conta, convertendo a Santiago no Camiño dos Museos”.
O Popular concretou que é imprescindible incrementar e potenciar a oferta museística e tamén musical, ta e como fixeron antes cidades como Málaga, unha vila que neste momento é coñecida cómo a cidade dos museos, deixando de ser so unha cidade de sol e praia. Na Cidade da Cultura, “ademais das exposicións temporais que poderíamos atraer, organizaríanse concertos que tamén se realizarían en espazos relixiosos do Casco Histórico, que se abrirían ao público a imaxe e semellanza das principais cidade europeas”, explicou.
O candidato do Partido Popular explicou que, para acadar esta meta, será necesario “chegar a acordos con museos importantes do mundo, de tal xeito que estas entidades cedan exposicións temporais, o que permitiría tamén coñecer e poñer en valor as coleccións existentes en Galicia”.
Para elo, Hernández indicou que ditas colaboracións centraranse en museos europeos, sen esquencer os doutros lugares do mundo como Nova York. “Outro dos nosos obxectivos é poñer en valor o Museo das Peregrinacións, así como outros museos senlleiros da cidade nomeadamente o Museo do Pobo Galego, en fase de renovación e ampliación e o Museo da Catedral”. Así mesmo, serviría para establecer sinérxias entre os principais focos muséisticos da cidade, co fin de acadar unha oferta sólida e estable.
O tirón do camiño e do vindeiro Xacobeo serán sen dúbida o aliciente para acadar o obxectivo e acordos desta clase, que favorecerían as visitas e a permanencia na cidade do turismo de calidade. Neste plantexamento dos museos, a Cidade da Cultura deberá ser un elemento central, “non deixa de ser unha anomalía que un complexo tan significativo, desde un punto de vista arquitectónico, non sexa valorado nin visitado, nin desfrutado por veciños e turistas”, remarcou.
DOTAR DE CONTIDO A CIDADE DA CULTURA
O Popular subliñou que “esta forma de valorar a Cidade da Cultura lévase na cidade con resignación, pero tamén coa conciencia colectiva de que non sabemos dotala de contido, non miramos a Cidade da Cultura con orgullo, mirámola con resignación, cando non con vergoña”.
“Cando seu remate está cada vez máis preto; é o momento de enchela, o que permitiría pasar da resignación e da frustración ao orgullo colectivo de dicir que fomos capaces, debemos abandoar a resignación arredor desa magnífica infraestrutura e asumila como a gran obra arquitectónica que, sen dúbida, é”, destacou.
Hernández aclarou que “o remate dos edificios da Cidade da Cultura, así cómo a celebración habitual de exposicións, debería verse acompañado polo incremento das actividades de todo tipo, así como o impulso de algún tipo de instalación que engadira atractivo”.
O líder do Populares santiagueses anunciou tamén que “proporemos a apertura de, polo menos, un restaurante que podería ser un referente da nova cociña galega e, sen dúbida, sería o escaparate perfecto para a súa difusión”.
SANTIAGO CARD
Santiago, Cidade dos Museos tería na Casco Histórico e na Cidade da Cultura os dous referentes, polo que será imprescindible “dotar dunha conexión rápida, directa e confortable a zona antiga co Gaiáas. Dentro desta planificación, tamén se levarán a cabo exposicións itinerantes por diferentes lugares, ademais de poñer en marcha o funcionamento da “Santiago Card”, co fin de ofrecer a todos os visitantes un amplo abano de servizos culturais, onde os museos sería os protagonistas..
Agustín Hernández subliñou que “no binomio Cidade Histórica, Cidade da Cultura, a colexiata do Sar e as súas instalacións pasarían a ser tamén un elemento central dos itinerarios museísticos da cidade e este paquete de actuacións complementaríase con programas cos centros escolares da cidade e do resto de Galicia, para facilitar as visitas ás diferentes exposicións”
Finalmente, destacou a importancia de crear un Museo ao aire libre de esculturas, xa que hai moitas esculturas de gran factura espalladas pola cidade, que pasan desapercibidas de autores moi significativos, polo que deberíase potenciar o seu coñecemento e facer distintos roteiros.