jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Ribeira inviste 17.000 euros para reparar lousas rotas nas parroquias de Castiñeiras e Carreira

Ribeira inviste 17.000 euros para reparar lousas rotas nas parroquias de Castiñeiras e Carreira
Ribeira inviste 17.000 euros para reparar lousas rotas nas parroquias de Castiñeiras e Carreira

As obras, que están financiadas completamente con fondos municipais, arrancarán esta semana

O Concello de Ribeira vén de aprobar unha actuación dirixida á reparación ou, no seu caso, reposición das lousas e lastros de granito que segundo se ten detectado atópanse deterioradas en diversas rúas das parroquias de Castiñeiras e Carreira.

A decisión de optar á contratación externa destes traballos está motivada pola elevada carga de traballo que ten a día de hoxe a brigada de obras municipal. A tal efecto, solicitouse a distintas empresas un orzamento no que se detallase o custe da reparación do pavimento por metro cadrado, con e sen aproveitamento da pedra existente.

A adxudicación recaeu en Sonense de Granitos, S.L., que realizou unha oferta na que a reparación con aproveitamento ascende a 44,50 euros/metro cadrado e a reparación sen aproveitamento a 92,50 euros/metro cadrado ata completar unha inversión de 16.940 euros, IVE incluído.

Comentarios
Lo más