jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A USC estudará nos centros educativos de Ames o consumo de drogas e a presencia de condutas aditivas

A USC estudará nos centros educativos de Ames o consumo de drogas e a presencia de condutas aditivas
A USC estudará nos centros educativos de Ames o consumo de drogas e a presencia de condutas aditivas

Neste estudio participan un total de 1750 alumnos e alumnas dos centros escolares de titularidade pública do municipio, divididos en 70 grupos

Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Ames e a Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela (USC-PSICOM) colaboran na realización dun estudo sobre o consumo de drogas e a presencia de condutas aditivas entre a mocidade amesá. Mediante esta iniciativa búscase contribuír á optimización da labor preventiva e a definir unha estratexia de prevención axeitada á contorna social de Ames a través do deseño dun Plan Local de Prevención de Condutas Aditivas no municipio. 

Neste estudio participan un total de 1750 alumnos e alumnas dos centros escolares de titularidade pública do municipio, divididos en 70 grupos. Este traballo segue a liña do programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar levados a cabo nos centros públicos de Ames, nos que participaron arredor de 840 alumnos/as e as súas familias, así como un total de 31 docentes.

O consumo de drogas entre a mocidade é un dos principais problemas sociosanitarios a nivel mundial, situación que pese aos esforzos realizados no eido da prevención non parece aminorar o seu impacto na mocidade actual. Segundo o recollido na Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024, impulsada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar social; os niveis de consumo das distintas sustancias experimentaron un incremento no 2017/18 con respecto aos dous anos anteriores. 

Asemade, o mesmo estudo subliña que a precocidade no inicio do seu consumo, un patrón de consumo de alcohol cada vez máis intensivo, o repunte do consumo de cannabis entre os menores e a crecente adición a videoxogos e apostas en liña son algúns dos puntos máis significantes da relación entre as adicións e os mozos e mozas.

Neste contexto, o Concello de Ames e a Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela (USC-PSICOM) puxeron en marcha un estudo para obter unha diagnose da situación da mocidade amesá coas drogas e as conductas adictivas. 

Mediante este traballo buscase conseguir datos obxectivos e fiables dos niveis de consumo, así como información que permita afondar nos escenarios e motivos de consumos, patróns, crenzas e expectativas, perfís de consumo, sustancias emerxentes, prácticas e tendencias de consumo, e novos tipos de adiccións. Para elo incorpóranse parámetros da prevención ambiental como a propia accesibilidade, que axudan a dispoñer dun análise integral da situación de partida.

Comentarios
Lo más