CxG presenta o seu candidato para Ribeira: Óscar David Casáis Montemuíño
O alcaldable traballa como xefe do servizo de bombeiros do parque comarcal de Ribeira, con formación universitaria no ámbito das relacións laborais e unha ampla experiencia no mundo das emerxencias
A agrupación local de Compromiso por Galicia (CxG) de Ribeira decidiu lanzar unha candidatura para as vindeiras eleccións locais do mes de maio. Simpatizantes e afiliados acordaron escoller a Óscar David Casáis Montemuíño para encabezar esta andaina.
O alcaldable traballa como xefe do servizo de bombeiros do parque comarcal de Ribeira, con formación universitaria no ámbito das relacións laborais e unha ampla experiencia no mundo das emerxencias. Veciño da parroquia de Artes, de 43 anos, casado e pai de dous fillos. Casáis Montemuíño asume o reto, a petición dos seus compañeiros, por atopar un partido no que realmente sinte que encaixa cos seus ideais de corte galeguista.
Acompáñano nesta aventura ,e nos postos de saída, Ana María Vidal García, número 2; Rafael Pazos Rodríguez e Francisco Javier Gómez González, cos números 3 e 4 e ademais de ser designados como coordinadores de campaña; o número 5 será ocupado por Cristina Pérez Castro.
Continúa a candidatura con Nicolás Muñiz Brión (6), Miriam Crujeiras Pérez (7), José Manuel Martínez Muñiz (8), Julián Patiño Abeijón (9), María Josefa Bargiela Rego (10), Emilio Quintela Reino (11), María Josefa Bernal Álvarez (12), Alberto Bargiela Rego (13), Susana María Filgueira Rego(14) e María Beda Crujeiras Pérez no 15.
Nos últimos postos estarán Ana María Costas Fidalgo, Xan Lois Valiño Rivas, Claudia María Osorio Franco, Rubén González Gómez, Ana Belén Bargiela Rego e pechará José Manuel Franco Pérez. Cóntase con un suplente, que será Hipólito García Álvarez.
Desde o partido quíxose remarcar que son "unha candidatura que reflexa a Ribeira real, de autónomos, desempregados e traballadores por conta allea de servizos ou mesmo da conserva. Un equipo de xente humilde, traballadora e accesible, dos que viven e pisan as rúas deste municipio a diario".