O Santiago Futsal volve aos adestramentos despois do parón de Semana Santa
Os de Santi Valladares exercitaranse luns, martes e mércores pola tarde
Despois do parón por Semana Santa, o Santiago Futsal volve hoxe luns día 22 aos adestramentos para preparar o partido que este venres xogará contra o Pozo Cidade de Murcia B no Pavillón Jose María Cagigal.
Os de Santi Valladares exercitaranse luns, martes e mércores pola tarde. No caso do martes dobrarán quenda, exercitándose tamén pola mañá.
A expedición ten prevista a saída desde Santiago para o mércores de noite en autobús, chegando a Murcia o xoves pola mañá. O equipo ten unha sesión programada para o xoves pola tarde co obxetivo de últimar detalles de cara o choque que lle espera o venres ás 20:30 horas. Como é habitual, a plantilla volverá ao finalizar o encontro.