Agustín Hernández quere crear unha Oficina de Rehabilitación en cada ARI de Santiago
Neste momento, o Goberno local ten demostrado a súa total ineficacia para sacar os temas de urbanismo cara adiante, polo que os veciños levan anos sufrindo as consecuencias
Agustín Hernández, presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago de Compostela, comprometeuse cos veciños de Guadalupe e Vite que, de conseguir chegar á alcaldía o vindeiro 26 de maio, tomará, o máis urxente posible, as medidas necesarias para poñer en valor estes barrios santiagueses.
Unha das súas primeiras medidas que executará Agustín Hernández será a creación dunha Oficina de Rehabilitación para cada unha das ARIs que existen en Santigo, co fin de rematar co caos que soporta o departamento de Urbanismo do Concello. Neste momento, o Goberno local ten demostrado a súa total ineficacia para sacar os temas de urbanismo cara adiante, polo que os veciños levan anos sufrindo as consecuencias.
Para os Populares esta situación é totalmente incomprensible, posto que o Concello conta co diñeiro suficciente para executar os proxectos grazas ao Plan de Vivenda, pero son completamente incapaces de cumplir cos compromisos e solucionnar os problemas existenetes neste eido.
Como decíamos, unha das maiores problemáticas é a referida á rehabilitación dos edificios e á instalacións de ascensores, posto que algúns propietarios ven como as axudas so chegan para uns poucos, cando moitos veciños xa adiantaron cantidades, despois de que o Goberno local se comprometera a ouorgarlles as subvencións que lles correspondían, pero que agora non chegan de ningunha maneira.
Os veciños tamén denunciaron que a burocracia municipal eterniza calquera papeleo que necesitan, co que resulta imposible sacar a adiante os proxectos de mellora necesarios, para que os barrios conten coas mesmos servizos que o resto da cidade.
Durante un encontro, no que estivo acompañado por membros da súa candidatura, o dirixente Popular pudo escoitar de primeira man as graves carencias que soportan estes veciños desde hai anos. Para os Populares, parece inconcebible que os habitantes desta zona de Santiago sufran a falta de servizos básicos, a pesar de estar no centro dunha cidade que é a capital de Galicia.
PROBLEMAS DE ACCESIBILIDADE
Os veciños explicáronlle a Hernández que os barrios padecen un grave problema de accesibilidade, chegando a ter bloques de edificios totalmente incomunicados, co que supón para a xente de mobilidade reducida ou cando se necesita calquera servizo teña que acudir a unha urxencia.
Así mesmo, Agustín Hernández comprobou como as infraestruturas desta zona se atopan moi deterioradas, un dos exemplos máis claros desta situación é o Camiño dos Vilares, onde son numerosas as caidas dos usuarios desta via por mor do mal estado das beirarrúas; ademais, os veciños destacaron que soportan un importante problema de seguridade viaria, que como consecuencia sofre numerosos accidentes de tráfico, sobre todo, atropelos.
A veciñanza lembroulle que hai graves deficiencias na recollida de lixo e no funcionamento dos contedores; na canalización da auga; a iluminación das rúa é claramente insuficiente; e falta de poda das árbores. Outra das demandas importantes para os habitantes desta zona da capital de Galicia é o precario funcionamento no transporte urbán, xa que soportan vehículos envellecidos; frecuencias moi precarias e mal estado das marquesinas, polo que esixen que se reestruture, co fin de dar o servizo que precisa esta zona de Santiago.
Por outra banda, tamén denunciaron que nos barrios existe un importante problema de seguridade cidadán, polo que son moitos os veciños os que sofren atracos e roubos.