miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

​O PSOE de Ames: "Temos un equipo que está feito para gobernar"

​O PSOE de Ames: "Temos un equipo que está feito para gobernar"
​O PSOE de Ames: "Temos un equipo que está feito para gobernar"

Presentan aos medios unha candidatura formada por 26 personas que ten o requisito de "lista cremalleira"

O PSOE de Ames presentou a súa candidatura nunha comparencia ante os medios na que explicou a composición da candidatura e as liñas básicas que queren levar a cabo para os vindeiros catro anos.

A candidatura do PSOE está conformada por 26 persoas: 21 concelleiros e concelleiras con 5 suplentes. Segundo indican, cumpren o requisito do partido como fai catro anos: a "lista cremalleira", é dicir, a combinación home-muller-home-muller en todos os postos.

Como indica José Miñones, teñen unha boa representación de asocións de veciños, culturais, deportivas... ao que hai que sumar a experiencia dun equipo que estivo gobernando con diferentes concellerías. "Esa experiencia xunto con esta renovación que imos facer na lista nos dá un equipo que está feito para gobernar". Contan cunha renovación do 35%, nove persoas novas que entran na lista. A renovación é máis acusada nos once primeiros postos. Ademáis, Miñones quere destacar que a lista está formada por xente que naceu e viviu en Ames.

Dentro das súas liñas que queren levar a cabo, e tendo en conta que Ames é o concello mais xove de Galicia, queren centrarse na mocidade, e tamén na conciliación, que consideran básicos e claves. Outro dos grandes obxectivos é a mobilidade xa que queren vertebrar o concello que está formado tanto por rural como por urbano. 

En canto ao pasado, Miñones destaca que fai catro anos, "colleron un concello en parálise absoluta cunha débeda de cinco millóns de euros". Agora, afirma que xa non teñen a débeda e é máis, teñen un superávit de catro millóns de euros ao que hai que sumar máis presuposto de diferentes plans con proxectos aprobados. Ademáis de contar cunha regularización do concello "en tema de persoal coa RPT, en tema do cemiterio xa funcionando, en tema do centro de saúde xa adxudicado e construíndose, en temas escolares con ampliacións e mesmo cunha parcela xa prácticamente concedida para facer un novo CEIP no Milladoiro".

Comentarios
Lo más