miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Conferencia sobre ópera en Os Luns do Ateneo

Conferencia sobre ópera en Os Luns do Ateneo
Conferencia sobre ópera en Os Luns do Ateneo

Será hoxe ás 20 horas

Hoxe luns, día 22 de abril, o Ateneo de Santiago levará a cabo unha nova conferencia de Os Luns do Ateneo organizada conxuntamente coa Asociación de Amigos da Ópera de Compostela, coa cal mantén un convenio de colaboración subscrito dende 2014.

Deste xeito, a partir das 20 horas na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, o pianista Carlos Enrique Pérez, Catedrático de repertorio vocal do Conservatorio Superior de Música de Vigo, na conferencia titulada “Compañías itinerantes e grandes da lírica, 150 anos de ópera en Galicia”, fará un repaso á traxectoria deste xénero musical en Galicia e os seus intérpretes ao longo dos últimos 150 anos.

Carlos Enrique Pérez iniciou a carreira de Piano co profesor Enrique Goberna e, paralelamente, desenvolveu e perfeccionou a súa técnica con mestres como Peter Bithell, Alexander Gold, Luiz de Moura, Mª Jesús Crespo ou Josep Colom; M. Cabero ou M. Zanetti (acompañamento vocal); e Emilio Molina, Jos Wuytack ou José Luis Temes (pedagoxía musical). En 1992 graduouse como profesor Superior de Piano e de música de cámara, labor que desempeñou en diversos centros oficiais. Ademais de recitais como solista, está especializado no acompañamento instrumental e vocal, tendo intervido xunto a cantantes líricos, corais, formacións camerísticas, etc., e colabora regularmente como pianista correpetidor en diferentes cursos de interpretación vocal e festivais de ópera. Formando dúo de pianos foi galardoado co Diploma de Honra do T.I.M. e obtivo a Segunda Medalla do Concours Musical de France (París, 1996).

Comentarios
Lo más