Touriñán deu o pregón da Pascua de Padrón
O pregón estaba programado para as 21:00 horas
Este ano o pregón das festas da Pascua de Padrón corría a cargo de Xosé Touriñán. E este ano cambiou a localización: en vez de ser no balcón do Concello, como era habitual, foi na carpa instalada na praza de Macías. Ás 21:00 horas estaba programado e, despois de que tocara a Banda Municipal, puntual saiu Touriñán acompañado pola corporación muncipal para dar o pregón a un público moi entregado.
A carpa instalada estaba chea de xente, por dentro e por fora de ela. Un xentío que estaba esperando a que Touriñán saíra para dar o pregón das festas. E non defraudou, simpático e agradable como é el, fixo rir á xente alí congregada que quedaron encantados. Falou, entre outras cousas da toponimia do concello, asegurando que consultara na Wikipedia. Entre broma e broma, tamén falou de Pepe Domingo Castaño engadindo que é unha casualidade que onte non tivera libre para invitalo a un pulpo. Touriñán transmitiu o seu bo humor a un público que o ovacionou despois de que acabara o seu pregón de media hora de duración.
E despois do pregón, a seguir disfrutando das festas de Padrón.