miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández quere facer de Santiago un referente do turismo alternativo e saudable

Agustín Hernández quere facer de Santiago un referente do turismo alternativo e saudable
Foto de arquivo
Agustín Hernández quere facer de Santiago un referente do turismo alternativo e saudable

Hernández destacou dita característica como un dos puntos fortes de Santiago, sobre todo, tendo en conta que, outras cidades do noso país manteñen elevados niveis de contaminación atmosférica, mentres que Santiago está a ser a mellor opción para facer unha boa cura de aire san

O candidato e presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, explicou hoxe en rolda de prensa que a cidade de Santiago debe ampliar os seus horizontes con referente turístico de excelencia, polo que os seus dirixentes deben traballar para destacar a capital de Galicia como destino de turismo alternativo e saudable, que faga da súa calidade do aire un dos seus atractivos, posto que reúne todas as condicións para elo, pero non están nin desenvoltos, nin aproveitados.

Durante a súa intervención, Hernández destacou dita característica como un dos puntos fortes de Santiago, sobre todo, tendo en conta que, outras cidades do noso país manteñen elevados niveis de contaminación atmosférica, mentres que Santiago está a ser a mellor opción para facer unha boa cura de aire san.

O responsable do Partido Popular incidiu en que “respirar aire puro convértese nun valor engadido non só para os que vivimos en Santiago senón tamén para os turistas que queiran gozar do entorno natural urbano e rural”.

Para Hernández, é imprescindible que o Camiño de Santiago, que transcorre por paraxes naturais, non teña outra meta que a dun Concello modélico na súa calidade ambiental, “unha bocanada de aire puro para quen chegue á Praza do Obradoiro”. Santiago dispón de preto de 25 m 2 de espazos verdes por habitante e algo máis dunha árbore por cada catro habitantes, un promedio que case duplica o recomendado pola Organización Mundial da Saúde e que nos sitúa como a primeira cidade de Galicia e entre as 5 primeiras de España pola superficie de parques e xardíns.

Por isto, destacou que, se os veciños de Santiago outórganlle a súa confianza o vindeiro 26 de maio, “traballaríamos desde o principio para transformar Santiago nunha cidade sa e referente imprescindible do turismo saudable”.

Hernández destacou que Santiago, aínda con pegas no tratamento ambiental no servizo de recollida e no de residuos ou a xestión das súas augas residuais, dispón dunha contorna privilexiada, para situarse entre as cidades españolas e europeas cun ambiente máis natural e con menos contaminación, valor este que cotiza á alza á hora de elixir residencia ou como atracción dun turismo de calidade.

Catro medidas

Para elo, o Popular explicou que se traballará, sobre todo, en catro accións, como son: potenciar o Monte Pedroso, atalaia accesible e popular; mellorar as áreas recreativas de Chaián e A Barciela, para redescubrir o río Tambre; elaborar un Plan Director da Alameda, para recuperar un símbolo da cidade; e, ademais, ampliar o “Área Santiago”, co propósito de abrir a cidade ao Mar. Recuperación do Monte Pedroso: é o momento de mellorar a súa accesibilidade e a súa utilización para o conxunto da cidadanía, para convertelo nun elemento central da cidade sa que complemente o atractivo de Santiago.

Así, propoñemos a mellora da súa accesibilidade e sinalización, para ampliar o seu coñecemento e o seu desfrute, con sinxelos elementos que contribúan a facilitar o seu percorrido, así, completarase o acceso peonil desde Santa Isabel ata a Granxa do Xesto; executarase unha nova senda desde O Carme ata cima do Pedroso, con acceso á Selva Negra, que se mellorará; e rehabilitarase o Vía Crucis e o seu camiño ata o cume

Mellora das áreas fluviais de Chaián e Barciela: zonas recreativas propias, axeitadas para o baño, augas arriba do Tambre 

- Área de Chaián: precisa de labores de mantemento e pequenas melloras que potencien o seu atractivo, a súa funcionalidade e a súa comodidade para todas as persoas que aquí se acheguen.

Hernández subliñou que, entre as medidas que propoñemos, están o acceso peonil e ciclista seguro desde a zona urbana, o acondicionamento dos sendeiros, a rehabilitación da caseta do pescador e das mesas e bancos espallados pola ribeira; a limpeza e arranxo da fonte ou a reposición do estragado cartel informativo na entrada.

Tamén indicou que “reclamaremos a colaboración da Deputación da Coruña para mellorar a contorna da estrada provincial CP-7804 e propoñemos que a Deputación coloque proteccións onde o desnivel o aconselle e considerar unha futura actuación para facilitar a conexión peonil coa marxe de Trazo. Ademais, estudaremos a implantación dunha pequena plataforma, integrada no medio e que puidera resistir ás enchentes, para facilitar o baño, evitando o acceso polo fondo terroso que aquí ten o río.

- Área da Barciela: acondicionarase a pista existente pola beira do río; instalaranse uns indicadores para facilitar a súa localización; executaranse labores de mantemento e recuperaranse varios puntos para cociñar á grella, a fonte, as mesas e os bancos para uso público.

Ademais destas melloras, poñerase en valor estas áreas, a través de actividades a pé ou en bicicleta que propiciaran o coñecemento e o interese da veciñanza polas ribeiras do Tambre e tamén unha mellora na sinalización específica que facilite o acceso desde a cidade.

A Alameda prestarémoslle unha atención continuada e á contorna da Igrexa de Santa Susana, poñendo en marcha un Plan Director específico. Como actuación complementaria implantaranse medidas de seguridade no contorno de Santa Susana e recuperaremos o uso do quiosco municipal, cando menos para habilitar nun primeiro momento o servizo de baño accesible.

Finalmente, Agustín Hernández destacou que outra medida con forte vinculación con esta é a potenciación da asociación de Concello “Área Santiago” creada polo Partido Popular no anterior mandato e que Compostela Aberta deixou esmorecer.

Traballaremos para acadar a recuperación e o fortalecemento desta Asociación, aberta a todos os concellos da área, desde a zona central de Galicia do Deza e o Alto Ulla ata a beiramar da Arousa e do Barbanza, para ampliar o poder de atracción de Santiago e abrir a cidade ao mar.

Santiago sería unha boa plataforma para promocionar o litoral central de Galicia, principalmente as rías de Arousa e Muros, zonas que á súa vez complementarían o potencial da cidade e con el unha boa oportunidade para prolongar a estadía, cunha oferta distinta pero coincidente no seu carácter de turismo de aire san e saudable.

Comentarios
Lo más