miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ana Cabaleiro firma exemplares do seu libro AS RAMONAS en El Corte Inglés

Ana Cabaleiro firma exemplares do seu libro AS RAMONAS en El Corte Inglés
Ana Cabaleiro firma exemplares do seu libro AS RAMONAS en El Corte Inglés

Coa firma da novela gañadora do Premio García Barros 2018 o Centro Comercial conmemora o Día do Libro

O martes, 23 de abril, ás 19 horas, Ana Cabaleiro asinará exemplares do libro, ‘As Ramonas’, Premio García Barros 2018. A cita será na librería, planta baixa, de El Corte Inglés Santiago.

“As Ramonas” Mona Otero é unha muller loitadora e soñadora que persegue con ansia, e mesmo con desesperación, a súa meta de triunfar no mundo da arte. A protagonista, sancionada coa perda do carné de conducir, non pode dispoñer de coche propio, polo que depende doutras persoas para desprazarse. Toda a historia que se narra en As ramonas emana do interior de sucesivos vehículos desde os que a protagonista nos vai amosando un rosario de factores que delimitan a súa existencia: a competitividade, a autoestima, os odios, a pobreza, a familia, o abandono, as aparencias, a falsidade do éxito, a dignidade. Mais Mona Otero é só un fío do nobelo no que se vai xuntando con outras ramonas —unhas veces complementarias, outras opostas— e a partir do cal van formando un complexo mundo de mulleres. A novela de Ana Cabaleiro é, ademais, o retrato dunha sociedade rural en mutación, cun pé asentado na tradición e nos lazos familiares e co outro alancando cara á globalización.

Ana Cabaleiro (Saídres, Silleda, 1974) é licenciada en Xornalismo, profesión que exerce intermitentemente desde hai dúas décadas. Cursou, ade-mais, o Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da USC, no que investigou e publicou sobre contracultura e ciberactivismo artístico. Tamén ten traballado no eido da discapacidade intelectual e no da cooperación ao desenvolvemento. Como autora, formouse en obradoiros e cursos de escrita, sempre na procura de voces femininas coas que abeirar as mareas da vida. Froito desta experiencias nace a compilación de relatos Sapos e Sereas, a súa primeira obra publicada. Como muller con raíces no rural, aínda conserva unha lagoa con máis dun millón de sapos e dúas ducias de ras cantoras.

Comentarios
Lo más