Sistema de detección de incendios: o seguinte obxectivo para a Catedral de Santiago
Tras o que aconteceu na catedral de Notre Dame, o templo compostelano está a revisar os protocolos
Podemos estar tranquilos porque é moi pouco probable que o que sucedeu na catedral de Notre Dame en París, poda suceder na de Santiago de Compostela. Aínda que según sostén Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral: "sería unha osadía dicir que temos garantido que non vai pasar nada, porque a seguridade absoluta non a ten ninguén".
E é que a raíz do incendio na catedral parisina, o templo compostelano está a revisar os protocolos porque está en medio de obras para mellorar a catedral de cara ao Ano Santo. De feito, entre as medidas que se levarán a cabo cando rematen as obras, vaise implantar un sistema de detección rápida de incendios na basílica.
"Todas as obras de rehabilitación que se están a levar a cabo na catedral de Santiago contan cos seus preceptivos plans de seguridade e saúde. O acontecido en Notre Dame fainos reflexionar a todos" declarou Román Rodríguez, conselleiro de Cultura