miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Última Cea do Salvador pola tarde e o Flaxelado pola noite ocuparán a axenda procesional deste Xoves Santo en Santiago

A Última Cea do Salvador pola tarde e o Flaxelado pola noite ocuparán a axenda procesional deste Xoves Santo en Santiago
A Última Cea do Salvador pola tarde e o Flaxelado pola noite ocuparán a axenda procesional deste Xoves Santo en Santiago

A procesión da Última Cea do Salvador sairá ás 19.30 horas da Igrexa Conventual de San Francisco; e a procesión do Flaxelado sairá ás 23.30 horas dende Santo Agostiño

A procesión da Última Cea do Salvador, será a encargada de saír á rúa neste Xoves Santo; coñecida como a procesión do Concello, denominación que vén dada xa que o paso da Última Cea pertence ao propio Concello de Santiago de Compostela.

A Confraría Franciscana da Vera Cruz, restituída no ano 1997, tivo problemas no pasado para sacar ás rúas da cidade a súa tradicional procesión, o que obrigou a poñer en práctica varias solucións que non tiveron éxito, polo que en 1719 decidiu o Concello asumir esa obrigación, que mantería ata 1976, suspendéndose entón ata 1993.

Durante o século XIX prodúcense cambios importantes. Os pasos do Xoves Santo desaparecen froito da inacción do tempo e da barbarie das tropas francesas, que aloxadas en 1809 no convento de San Francisco, onde se custodiaban, as romperon a sabrazos. Con posterioridade aquela procesión vai centrarse exclusivamente no paso da Última Cea, o único que se puido reconstruír, o cal dende 1856 contará co grupo escultórico que todavía hoxe percorre as rúas da nosa cidade.

A procesión sairá ás 19.30 horas da Igrexa Conventual de San Francisco, e realizará o seguinte percorrido: Campiño de San Francisco - Rúa de San Francisco - Praza do Obradoiro - Rúa Fonseca - Praza das Praterías - Rúa do Vilar - Praza do Toural - Rúa Nova - Rúa da Conga - Praza das Praterías - Rúa Fonseca -Praza do Obradoiro - Rúa San Francisco - Campiño de San Francisco.

Xa pola noite, desafiando calquera tipo de situación meteorolóxica, como é sabido en Compostela, sairá a procesión do Flaxelado. Fundada no ano 1953 nunca deixou de saír a realizar a súa Estación de Penitencia.

A imaxe do Noso Pai Xesús Flaxelado foi tallada por Diego de Sande no primeiro terzo do século XVIII e é levada a hombros por cofrades.

Como característica pódese destacar o seu carácter penitencial, con cruces e cadeas, na que ademáís, gran parte dos confrades procesionan descalzos.

A hora de saída será ás 23.30 horas, e seguirá o seguinte percorrido: Santo Agostiño - Cantón de San Bieito -Praza de Cervantes - Algalia de Arriba - Praza de San Miguel - Abril Ares - Campás de San Xoán - Acibechería -Tras San Paio - Conga - Preguntoiro - Caldeirería - Orfas - Praza do Toural - Rúa do Vilar - Rúa de Xelmírez - Conga - Preguntoiro - Praza de Cervantes - Cantón de San Bieito - Praza de Santo Agostiño.

Comentarios
Lo más