jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A Procesión do Horto e Prendemento enche as rúas de Compostela

A Procesión do Horto e Prendemento enche as rúas de Compostela
A Procesión do Horto e Prendemento enche as rúas de Compostela

A Confraría, da que existen documentos que indican como ano de fundación en 1948, foi instaurada de novo, logo dun período de tempo sen actividade, no ano 1997

Onte ás 22.30 horas, a Confraría Franciscana da Vera Cruz, foi a encargada de sacar á rúa a primeira das súas tres procesións marcadas no calendario, neste caso, a do Horto e Prendemento. Durante o seu transcurso, o desfile fixo unha pausa no camiño, concretamente na Praza das Praterías, onde tivo lugar a representación do prendemento. Posteriormente retomou o seu percorrido cara a súa sede.

A xente estivo, unha noite máis, esperando o paso. A expectación foi máxima xa que moitos feligreses puideron ver como unha das procesións máis bonitas da cidade tivo unha boa noite para percorrer as rúas da zona vella.

A Confraría, da que existen documentos que indican como ano de fundación en 1948, foi instaurada de novo, logo dun período de tempo sen actividade, no ano 1997.

Como en tantas outras cidades de España, a Confraría da Vera Cruz nace baixo o seo da Orde Franciscana. Dende o ano 1663 houbo problemas para sacar adiante a tradicional procesión do Xoves Santo, a da Última Cea do Salvador, o que obrigou a poñer en práctica varias solucións que non tiveron éxito, polo que en 1719 decidiu o Concello asumir esa obrigación, que mantería ata 1976, suspendéndose entón ata 1993.

Máis recentemente, no ano 2012, impúlsase a creación dunha talla de Xesús Resucitado, do mesmo autor que a talla da Santísima Virxe; e xa no ano 2014, e coincidindo co aniversario da peregrinación de San Francisco a Santiago de Compostela, xorde a idea de levar a cabo un novo desfile, a noite do Martes Santo para acoller a representación e posterior procesión da Oración de Xesús no horto dos Olivos e do Prendemento.

Comentarios
Lo más