jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Ilesas dúas persoas despois de ser rescatadas no seu barco no Grove

Ilesas dúas persoas despois de ser rescatadas no seu barco no Grove
Ilesas dúas persoas despois de ser rescatadas no seu barco no Grove

Os feitos ocorreron arredor das 14:30 horas, momento en que un dos tripulantes do barco alertaba da situación ao 112 Galicia

Dúas persoas resultaron ilesas ao ser rescatadas esta tarde no Grove, concretamente entre a Illa de Ons e A Punta de San Vicente, despois de que a embarcación de recreo coa que navegaban sufrise unha vía de auga.

Os feitos ocorreron arredor das 14:30 horas, momento en que un dos tripulantes do barco alertaba da situación ao 112 Galicia.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia se pasou o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron a Salvamar Sargadelos e o helicóptero Pesca-I.

Ademais, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención da Policía Local, do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Grove para apoiar o operativo dende terra.

Finalmente, a embarcación danada foi remolcada pola Salvamar Sargadelos ata o náutico de Pedras Negras, en San Vicente do Mar, cos dous tripulantes ilesos.

Comentarios
Lo más