Principian as obras de pavimentación o camiño que une os lugares de Castro e Vilar na parroquia de Carreira en Ribeira
06:30 17/04/19
06:30 17/04/19
A actuación consiste na pavimentación con aglomerado asfáltico cun espesor de 6 centímetros dun vial de terra de 445 metros de lonxitude
O Concello de Ribeira informa de que principiaron as obra de pavimentación que une os lugares de Castro e Vilar, ambos situados na parroquia de Carreira.
A actuación consiste na pavimentación con aglomerado asfáltico cun espesor de 6 centímetros dun vial de terra de 445 metros de lonxitude, previo desbroce e limpeza e previa aplicación dunha capa de zahorra.
As obras están sendo realizadas pola empresa Canarga, S.L.. O seu orzamento ascende a 25.329 euros e o seu prazo de execución é dun mes.