Ofrecemento dos canteiros de Poio para axudar na restauración de Notre Dame
Só a cambio de que o goberno español corra cos gastos
Despois do tráxico incendio da catedral parisina, a Asociación Canteiros de Poio ofrecen o seu servizo e a súa experiencia para o momento da restauración da catedral Notre Dame en París, a cambio de que o goberno español corra cos gastos.
Esta asociación está consituída por alumnos que pertencen á Escola de Cantería de Poio. Os alumnos desta escola, centro dependente da Diputación de Pontevedra, están traballando para a Catedral de Santiago, o Big Ben ou a Sagrada Familia. Despois de cinco anos de formación, estes alumnos están totalmente cualificados para levar a cabo as obras que necesita Notre Dame.
Dada a magnitude da traxedia, por parte destes canteiros só solicitan que o traballo sexa financiado polo Goberno de España.