O VíaCrucis, no que participan todas as Confrarías e os Estudantes se celebra no interio da Igrexa de San Francisco
En caso de que as condicións climatolóxicas non o permitan, o exercizo realizarase no interior da Igrexa de San Francisco
A Coordenadora de Asociacións Relixiosas Segrares de Santiago será a encargada de organizar o VíaCrucis que terá lugar esta tarde, ás 19.30 horas. Organizada previamente por unha das Confrarías no ano 1955, dende 1957 realízase o traxecto co Cristo da Paciencia de Conxo.
Xa no ano 92, ano despois de que o Papa Juan Pablo II iniciara a tradición do VíaCrucis no Coliseo Romano; retómase a tradición do Mércores Santo en Compostela, logo dunha parada. No entorno da propia Catedral, instaláronse 14 estacións, e dende aquel entón é presidido polo Arcebispo da Archidiócese.
En caso de que as condicións climatolóxicas non o permitan, o exercizo realizarase no interior da Igrexa de San Francisco.
O seu percorrido será o seguinte:
Igrexa de San Francisco Campiño de San Francisco Rúa de San Francisco Praza do Obradoiro Rúa de Fonseca Praza das Praterías Rúa de Xelmírez Rúa da Conga e Praza da Quintana. Posteriormente regresará en procesión realizando o mesmo percorrido cara a Igrexa de San Francisco.
Xa pola noite, será a Irmandade dos Estudantes a encargada de procesionar polo Casco Histórico. Ás 23 horas, abriranse as portas da Igrexa das Orfas, lugar polo que a sairá o Cristo da Misericordia, que este ano estará acompañado por primeira vez na historia da Confraría, da Virxe da Milagrosa.
Con 22 anos de historia, a Confraría procesiona con cruz de guía e comeza con tres golpes de martelo na porta da súa sede, na que nenos vestidos de gala encabezan a procesión. Pola súa banda, todos os anos organizan un acto especial de reverencia ao Apóstolo na praza das Praterías, xa que é o único punto do percorrido no que a procesión se atopa ante a Catedral.
Acompañados da Banda da Nosa Señora da Misericordia de Viveiro, o seu percorrido será o seguinte (horarios aproximados):
Colexio das Orfas (23.00h) Praza do Toural (23.15h) Rúa do Vilar (23.30h) Prada das Praterías (23.45h) Rúa de Xelmírez (00.00h) Rúa Nova (00.15h) Arco de Santa María Salomé (00.30h) Rúa das Orfas (00.45h) Colexio das Orfas (01.00h)