miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O servizo de orientación laboral de Ribeira abre a inscrición do curso de actividades auxiliares de almacén que fai a Deputación

O servizo de orientación laboral de Ribeira abre a inscrición do curso de actividades auxiliares de almacén que fai a Deputación
Foto de arquivo
O servizo de orientación laboral de Ribeira abre a inscrición do curso de actividades auxiliares de almacén que fai a Deputación

No marco do Proxecto EIXO (Estratexia de Inserción Xove) da liña 4 do Plan de Emprego Local

A Deputación Provincial da Coruña, no marco do Proxecto EIXO (Estratexia de Inserción Xove) da liña 4 do Plan de Emprego Local, ten prevista a realización do Itinerario de Comercio e Loxística (Actividades Auxiliares de Almacén) que inclúe ó acceso ao carné C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP).

A xornada formativa obrigatoria, a desenvolver preferentemente en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalidade de Actividades Auxiliares de Almacén, a obtención do carné C e o CAP, xunto coas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

As persoas destinarias son maiores de 16 e menores de 30 anos inscritas na Oficina de Emprego correspondente (demandantes de emprego) e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria, sitas para a zona centro sur no Polígono Industrial do Milladoiro e na cidade de Santiago de Compostela, e para a zona centro norte en A Barcala- Cambre e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo). Pódese elixir localización (Santiago ou Culleredo).

A data de inicio prevista será mediados de maio. E o prazo e lugar de preinscrición, ata o 26 de abril ás 15:00 horas no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribeira. O envío de candidaturas realizarase por orde de entrada das solicitudes.

Comentarios
Lo más