Un despiste causou un incendio nun colchón dunha vivenda en Xermade
13:36 16/04/19
13:36 16/04/19
Por fortuna, ninguén resultou ferido e só houbo que lamentar danos materiais
Un despiste foi a causa dun incendio que calcinou un colchón e unhas mantas no interior dunha vivenda en Xermade.
O ocupante da vivenda resultou ileso despois de deixar dentro da cama un secador de pelo.
Todo ocorreu pouco antes das nove desta mañá, cando un veciño chamou ao 112 Galicia para dar conta dun incendio no interior dunha casa situada no lugar de O Chao, no concello lucense de Xermade. Alí acudiron os Bombeiros de Vilalaba e os voluntarios de Protección Civil da localidade para sufocar o lume que calcinou o colchón, unhas mantas e unha pequena parte do chan.
Por fortuna, ninguén resultou ferido e só houbo que lamentar danos materiais.